DOCUMENTACIÓN E DESCARGAS

Impresos solicitudes DIE, duplicados y cambios

  • Solicitude de Documento de Identificación Equina ( DIE )

    Formato: pdf

    Este impreso de dúas páxinas iguais debe encherse na explotación, e ser asinado polo veterinario e polo propietario.

    O veterinario, nambas páxinas anotará os datos do solicitante, explotación e microchips dos équidos a identificar.

    O veterinario asinará e entregará unha das dúas follas ao solicitante. O veterinario fará asinar ao solicitante a outra folla e deberá entregala no seu Colexio Oficial de Veterinarios, e previamente terá gravado no sitio web www.siregal.org, a información completa da solicitude (datos do solicitante e dos animais).



  • Folla para anotación de datos de animais incluídos nunha solicitude

    Formato: pdf

    Por cada animal a incluir na solicitude, ao impreso anterior débeselle engadir unha folla cos seus datos completos (especie, raza, data de nacemiento etc)


  • Modelo de declaración de CAMBIO DE PROPIEDADE para équidos de crianza e rendemento

    Formato: pdf


    O novo propietario dispón dun prazo de 30 días hábiles desde que se produce o cambio de propiedade para comunicar este feito á OAC correspondente á nova residencia do équido. Presentará o DIE e máis a documentación acreditativa da súa adquisición (en caso necesario, e se non existira outro, documento de compravenda segundo o modelo de declaración de cambio de propiedade). O veterinario oficial conservará esa documentación e cubrirá e asinará a Sección III do DIE cos datos do novo propietario.


  • Modelo de solicitude de emisión DUPLICADO de DIE

    Formato: pdf


    Solicitarase a emisión dun DIE duplicado en caso de perda ou deterioro do anterior DIE expedido para équidos de crianza e rendemento da Comunidade Autónoma de Galicia e cando se poda acreditar por algún medio (lectura do microchip xeralmente ou outros medios) a identidade do animal


  • Modelo de solicitude de emisión SUBSTITUTIVO de DIE

    Formato: pdf


    Solicitarase a emisión dun DIE substitutivo en caso de perda ou deterioro do anterior DIE expedido e cando non se poda acreditar por ningún medio a identidade anterior do animal, independentemente de que o équido anteriormente posuíra un DIE emitido como équido rexistrado ou como équido de crianza e rendemento por outras entidades emisoras doutras Comunidades Autónomas.