DOCUMENTACIÓN E ENLACES DE INTERESE

Corrección datos en DIE

Cando na copia do xustificante da solicitude de identificación ou ben no propio DIE recibido, un titular adverta algún erro nos datos que consten neses documentos, debe solicitar o antes posible ao veterinario identificador a corrección deses erros. O veterinario identificador comunicará o antes posible a través de SIREGAL os datos a corrixir.

Determinados datos (microchip, especie e aptitude para consumo) requiren dun procedemento ou autorización especial polo cal nestes casos o veterinario debe solicitar a corrección por mail a siregal@siregal.org No caso de cambio de aptitude para consumo humano (solicitude de cambio de NON APTO a APTO), os Servizos Veterinarios Oficiais analizarán o motivo do erro e máis o prazo transcorrido desde a comunicación inicial dos datos iniciais de non aptitude e a data de solicitude da corrección destes , que non poderá ser superior a 10 días a partir da data de recepción do DIE polo propietario/titular, e concederá ou non o cambio no caso da aptitude segundo corresponda

Para comprobar se o DIE estaba xa emitido antes de realizar a corrección dos datos solicitada, vostede pode consultar os datos gravados polo veterinario mediante a opción Estado solicitude DIE. Na parte inferior consta, no caso de que o DIE xa fora emitido, a data de emisión deste ou ben o texto ?Pendente? no caso contrario.

As posibilidades son dúas:

  • Se a corrección de datos se realiza antes da emisión do DIE inicial, emitirase este cos datos xa corrixidos. Esta operación non implicará custe suplementario.

  • Se o DIE xa fora emitido antes de que o veterinario realice a corrección de datos, emitirase outro novo DIE cos datos corrixidos que o veterinario entregará ao titular do équido contra entrega do DIE orixinal incorrecto. O Colexio de Veterinarios destruirá este DIE incorrecto. Esta reemisión do novo DIE implica un custo que lle será facturado ao veterinario identificador, quedando a criterio deste repercutir on non este custo ao titular. A folla de solicitude asinada polo titular permitirá comprobar se a causa da modificación de datos solicitada se debe a un erro na subministración de datos polo titular ao veterinario, ou ben se trata dun erro de gravación por parte deste.


A emisión dos DIE realizarase ao inicio dos días 1 e 16 de cada mes. Polo tanto o veterinario dispón ata eses días para corregir as solicitudes feitas durante os quince días anteriores.