DOCUMENTACIÓN E ENLACES DE INTERESE

Duplicado de microchip inxectable

É posible a perda ou máis frecuentemente, a inactivación dos microchip inxectables. Nestes casos é necesario implantar un novo microchip coa mesma codificación que o microchip inicial.

  • O solicitante debe presentar a solicitude de emisión dun duplicado na OAC
  • Os SSVVOO comproban cun lector que efectivamente o animal é o que consta no DIE e que non posúe microchip activo
  • Os SSVVOO asinan a solicitude indicando a conformidade da petición
  • O solicitante fai a solicitude oportuna ao colexio veterinario correspondente
  • O colexio de veterinarios pide o duplicado á empresa subministradora e llo remite ao veterinario identificador
  • O veterinario identificador implanta o microchip e comunica mediante email a nova codificación (22 díxitos iguais ao chip anterior + 1 díxito distintivo de que se trata dun duplicado) a Siregal.
  • Siregal traslada a nova codificación do animal a Sistema Integrado
  • O veterinario identificador debe incluír a nova pegatina da codificación do chip na sección I do DIE (na parte superior do punto (5) Código do transpondedor, se non oculta a posible información que poida existir na reseña). Sinalará unha referencia do tipo Ver páxina 34 e nesta páxina indicará que: ?En data X foi implantado un microchip duplicado por inactivación/perda do microchip orixinal?, que asinará e selará.

Engádese aquí o modelo de solicitude de duplicado de inxectable