DOCUMENTACIÓN E ENLACES DE INTERESE

Comunicación de baixa de équido

INFORMACIÓN SOBRE MORTE DOS ÉQUIDOS

No caso de sacrificio dos équidos nun matadoiro ou ben no caso de morte accidental nunha explotación, os responsables dos matadoiros ou das industrias de transformación de subprodutos onde cheguen os cadáveres dos animais mortos en explotación, procederán a comunicar a baixa destes animais á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria (DXPA) para a incorporación dos datos da morte na base de datos autonómica.

Está establecido con estes axentes, un dispositivo para a invalidación e destrución tanto dos microchips como dos DIE que posuíran estes animais.

No caso de que se trate de équidos rexistrados ou de crianza e rendemento identificados noutras comunidades autónomas, desde a DXPA comunicaranse estas baixas as entidades que emitiron esa documentación de identificación.