Dende aquí pode acceder á relación de veterinarios habilitados para a identificación de équidos e a solicitude do Documento de Identificación Equina ( DIE ). Pode poñerse en contacto co que desexe para acordar o desprazamento á súa explotación e a implantación dos microchips e rexistrar os datos necesarios para o DIE.
Pode realizar a busca sobre a base da provincia de colexiación dos veterinarios, ou ben segundo o código REGA de équidos da súa explotación gandeira. Neste caso obterá só os que declarasen que actúan na zona da Unidade Veterinaria onde se sitúa a súa explotación.
Se é vostede veterinario identificador de équidos e dispón de clave de acceso a SIREGAL, para aparecer neste directorio debe dar o seu consentimento expreso para a publicación dos seus datos profesionais de contacto, mediante a opción "Datos persoais" (unha vez accedese a SIREGAL mediante o seu usuario e contrasinal)
Colexio de veterinarios:
* Seleccione provincia